IniciosociedadeO coworking da Mariña Lucense asesorará 19 proxectos empresariais

O coworking da Mariña Lucense asesorará 19 proxectos empresariais

Un total de 22 emprendedores participan na aceleradora de empresas de Mondoñedo, que iniciou o pasado mércores a súa quinta edición

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), puxo en marcha o pasado xoves a nova edición do coworking da Mariña Lucense, situado en Mondoñedo, no que participan os promotores de 19 proxectos empresariais que recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco meses para desenvolver as súas iniciativas.

As actividades dos 22 emprendedores -14 mulleres e 8 homes- que participan na aceleradora mindoniense centraranse nas novas tecnoloxías, o benestar ou a alimentación. Así, desenvolveranse iniciativas en torno ao márketing, o deseño gráfico e de mobles, a impresión, o turismo rural, unha plataforma de reservas, o agroalimentario (especias, fabas e conservas vexetais) e o comercio (lavanderías e comercio local).

TRES NOVAS ACELERADORAS EN GALICIA

Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento no resto de espazos coworking da rede impulsada pola Xunta, que nesta edición contará con tres novas aceleradoras relacionadas con actividades específicas. Así, a do Ribeiro, situada no municipio ourensán de Cenlle, promoverá a agroalimentación, o turismo rural e a economía circular, mentres que a aceleradora de Palas de Rei  centrarase no Camiño de Santiago para fomentar o emprendemento na ruta xacobea. O espazo que se abrirá no Morrazo, en Moaña, impulsará a procura de novas oportunidades a emprendedores e empresarios relacionados co sector naval.

As novas aceleradoras súmanse ás xa en funcionamento en edicións anteriores, abertas na Ribeira Sacra (Monforte de Lemos); Terras da Limia (Celanova); Santiago de Compostela; Ferrolterra (CIS Galicia en Ferrol), e O Salnés (Vilanova de Arousa), e a Costa da Morte (Cabana de Bergantiños), ademais da de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...