Son moitos os bulos que rodean esta nova enfermidade e iso aumenta a alarma entre a poboación. Os recontos diarios de novas persoas afectadas xeran nerviosismo, pero o certo é que o coronavirus ten un grao de letalidade moito menor que outras epidemias e que a propia gripe común. Ademais, o seu nivel de contaxio non é dos máis altos: adoita aloxarse nas gotas de saliva de tamaño medio, de maneira que se nos posicionamos a un metro ou metro e medio do noso interlocutor, esas secrecións que producimos ao falar e que poderían conter a doenza caerán ao chan e non chegarán a nós.
Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.