(AMPLIACIÓN) Candia encabezará a lista do PP por Lugo e deixará alcaldía e Deputación

Manuel Otero, concelleiro de Persoal, Medio Ambiente e Medio Rural. será o novo rexedor de Mondoñedo

Elena Candia. ÓSCAR BERNÁRDEZ

EFE. A alcaldesa de Mondoñedo e presidenta provincial do Partido Popular (PP) de Lugo, Elena Candia; a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez (A Coruña) e a exdelegada da Xunta en Ourense Marisol Díaz acompañarán a Alberto Núñez Feijóo (Pontevedra) como cabezas de lista nas eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.

A rexedora mindoniense deixará o cargo, que ostentará Manuel Otero, concelleiro de Persoal, Medio Ambiente e Medio Rural, e tamén o seu cargo como voceira dos populares na Deputación de Lugo. Aínda non trascendeu quen a substituirá no seu posto de deputada provincial.

Ademais, Corina Porro, exdelegada da Xunta en Vigo, será a número dous por Pontevedra, segundo avanzou o propio Núñez Feijóo nun acto en Santiago, no que dixo que o vindeiro luns presentará “a lista completa” e insistiu en que o seu partido segue “coas portas abertas” mentres haxa prazo ante a posible incorporación dalgunha persoa de Ciudadanos nas listas do PPdeG.

Núñez Feijóo destacou que estas mulleres reúnen tres dos requisitos básicos para calquera político, como son “a experiencia política, a de xestión e o recoñecemento electoral”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here