InicioPolíticaMilagros Louzán tomará posesión o xoves como nova concelleira socialista en Foz

Milagros Louzán tomará posesión o xoves como nova concelleira socialista en Foz

Substitúe a Verónica Peña, que demitira tralo conflito entre a residencia privada e a pública, e asumirá Muller, Migración, Igualdade e Sanidade no goberno local

Publicada o

- Advertisement -

A número 8 da lista do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais de maio de 2019, María Milagros Louzán García, tomará posesión no pleno do vindeiro xoves como nova concelleira na corporación de Foz e ocuparase das delegacións de Muller, Igualdade, Migración e Sanidade no goberno local. Así, substituirá a Verónica Peña, que a finais de xaneiro renunciou á acta despois de que o xeriátrico do que é copropietaria, denunciara “competencia desleal” por parte da residencia municipal.

Louzán, focega de 40 anos, dedicouse á xestión de obras públicas e actualmente é profesora de matemáticas no IES de Foz. Defende “un feminismo integrador e aberto no que todas as mulleres e todos os homes traballen nos seus respectivos ámbitos para acadar a igualdade real”.

Con respecto á área de Migración, opina que “desde o Concello traballaremos para mellorar o nivel de integración dos migrantes e desmentir os bulos sobre os mesmos que só conseguen aumentar a xenofobia e o racismo”.

Con respecto á Sanidade, Louzán declara que é un momento de “desmantelamento do público. Derivar servizos á sanidade privada é o primeiro paso para facer que no sistema sanitario primen os criterios económicos antes que os puramente médicos. Non nos podemos permitir que os pacientes sexan vistos como euros, e iso é o que pasa cando os hospitais son entidades privadas. Desde os concellos podemos recibir e canalizar as queixas dos veciños”, concluíu.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...