O Centro Comercial Aberto de Burela entregou un sillón adaptado para o relax á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (AFAN) da localidade.
Segundo expón a agrupación, “este agasallo foi resultado do desexo solidario de Nadal que pediu Maite e que axudará a continuar o inestimable traballo nesta asociación”. A peza de descanso está adaptada para os usuarios que o precisen. “Como cada ano, o desexo solidario é unha das actividades máis emotivas que se fan durante a campaña e no que calquera persoa pode pedir un desexo para algunha persoa ou asociación e así poder cumprir unha ilusión ou unha necesidade para alguén que lle faga falta”, aseguran desde o CCA burelao.