IniciosociedadeUn home de 89 anos ingresado en Monforte, primeira vítima mortal por...

Un home de 89 anos ingresado en Monforte, primeira vítima mortal por coronavirus na provincia

Segundo informaron as autoridades sanitarias na mañá deste venres, este paciente presentaba múltiples patoloxías complexas previas

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 89 anos de idade que estaba ingresado no Hospital de Monforte (Lugo) é a sexta vítima mortal con coronavirus que rexistra a comunidade galega e a primeira na provincia de Lugo.

Segundo informaron as autoridades sanitarias na mañá deste venres, este paciente presentaba múltiples patoloxías complexas previas.

A pandemia do Covid-19 causou, con esta última, un total de seis mortes en Galicia; tres persoas na Coruña -un home de 75 anos, outro de 72 e un terceiro de 45-; unha en Pontevedra -un ancián de 81 anos- e outra en Vigo, a única muller, unha nonaxenaria. Podes consultar toda a información no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...