IniciosociedadeDiario de corentena: soños esenciais

Diario de corentena: soños esenciais

O outro día soñei que contraía o coronavirus e decidín intervir o meu propio mundo onírico; vou soñar con desvirtualizar as amizades e coa cerdeira en flor máis bonita do Corgo

Publicada o

- Advertisement -

“O outro día soñei que contraera o coronavirus. No mesmo  ̶s̶o̶ñ̶o̶  pesadelo, asistía a unha multitudinaria misa de Ramos que estaba presidida por Felipe e Letizia. Oe, marabilla! Todo o que aborrezo nun único espazo!

Decidín intervir o meu propio mundo onírico durante este confinamento. Considéranse soños esenciais aqueles que nos manteñen vivas durante estes tempos raros, aqueles que compartimos coa ilusión de convertelos en realidade, aqueles que nos espertan a calquera hora do día desta hibernación que caeu en primavera.

Noutras palabras: vou soñar co café con leite que hei tomar no meu bar preferido de Lugo, vou soñar con xogar as pás na beira do río Miño, con pasear con algunha amiga e desvirtualizar a nosa amizade de corentena. Vou soñar tamén coa cerdeira en flor no sitio máis bonito do Corgo, con conducir o coche pola N-VI e ter ganas de parar para sacar unha foto ao ceo”, escribe Silvia López nunha nova entrega do Diario de Corentena, a bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Preme abaixo para ler o texto completo.

Día 25 de corentena: o dereito a soñar libremente

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...