O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue á baixa, segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que documenta 222 casos activos na provincia, cinco menos có pasado sábado.

No Hospital Público da Mariña permanecen dúas persoas ingresadas, ambas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci). No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) hai outros tres pacientes en camas de críticos.

Seis doentes permanecen en hospitalización, tres no Virxe dos Ollos Grandes e outros tres no HULA. Detéctanse 211 casos en domicilio, doce menos ca onte.

Na provincia de Lugo faleceron 26 persoas por mor da pandemia, cinco na Mariña. A nivel galego, houbo até o de agora 563 vítimas mortais.

RESIDENCIAS

Nas residencias da bisbarra hai oito positivos detectados, segundo a estatística oficial do Sergas. Son os seguintes:

USUARIOS

3 Res. Cervo

1 Vivenda Vilaoudriz (A Pontenova)

1 Res. Mirador del Eo (Ribadeo)

TRABALLADORES

2 Residencia Maiores Burela

1 Residencia Cervo