IniciosociedadeAxudas pola pandemia: o goberno do Valadouro leva a pleno 118.000 euros...

Axudas pola pandemia: o goberno do Valadouro leva a pleno 118.000 euros e o de Burela anuncia 400.000

A corporación valadourense votará o xoves o plan de reactivación económico, con 70.000 euros para o sector madereiro; Llano comprométese a axudar a empresas e veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela concederá axudas directas ao comercio, á hostalería e aos autónomos para tentar paliar os efectos negativos ocasionados pola crise sanitaria do coronavirus. Así o anunciou o alcalde, o socialista Alfredo Llano, trala xuntanza mantida con representantes da Acia local. O rexedor subliñou que o goberno local facilitará a instalación de terrazas para que os locais hostaleiros poidan ir iniciando a súa actividade pouco a pouco.

Trala segunda reunión mantida co comercio, Llano expuxo que “derivado do aforro que tivemos o ano pasado respecto ao orzamento temos unha liquidación positiva de aproximadamente 400.000 euros, que é a cantidade que vamos incluír nos orzamentos deste ano para poder facer fronte á problemática derivada do coronavirus. É unha cantidade significativa, que vai abarcar axudas directas aos comercios, á hostalería, aos autónomos, e tamén a emerxencias sociais, á infancia e a familias que precisen que lles botemos unha man”.

O alcalde anunciou que “quedamos cos representantes da Acia en elaborar unhas bases para que todos os establecementos presenten unha solicitude das necesidades que poidan ter e nós darémoslles unha axuda directa aos que o xustifiquen. Trataremos de adaptarnos á situación que cada un dos autónomos, das empresas ou da hostalería, sexa cal sexa a rama, expoñan para o que consideren máis básico: impostos, taxas, etcétera”.

PROMOCIÓN COMERCIAL

Llano tamén afirmou que “trataremos de facer en conxunto entre o Concello e a Acia unha promoción para defender a Burela como un destino ideal para vir ao comercio, aos restaurantes ou aos bares”.

TERRAZAS

Ademais, comprometeu máquinas de ozono para desinfectar locais e, respecto das terrazas, sostivo que “imos axilizar e favorecer a súa instalación. Evidentemente ten que haber uns protocolos porque se trata tamén de ter controlada a epidemia”, matizou.

MASEDA QUERE OUTORGAR “LIQUIDEZ” ÁS EMPRESAS

O Concello do Valadouro celebrará o próximo xoves 7 de maio, ás oito e media da tarde, o pleno ordinario de forma telemática co apoio técnico da Deputación de Lugo. Nesta reunión o goberno municipal someterá a votación o “Programa Activa Valadouro”, que conta cun orzamento de 118.000 euros.

Así o avanzou o alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, que remarcou que este plan “ten como obxecto paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo Covid-19, e impulsar a actividade económica, outorgando liquidez ás empresas do municipio do Valadouro”.

Maseda explicou que o “Programa Activa Valadouro conta con dúas liñas de actuación que perseguen contribuír a rescatar ás familias que o necesiten, así como activar o tecido empresarial e os autónomos da vila. Por unha banda, unha delas está destinada a empresas e autónomos que viron afectada a súa actividade económica a raíz do decreto de estado de alarma, ou que sufriron perdas do 75% na súa facturación respecto o mes de febreiro”.

SUBVENCIÓNS PARA FAMILIAS AFECTADAS POR ERTES OU POLO PECHE DOS CENTROS EDUCATIVOS

A outra será para persoas empadroadas no Valadouro, que se viron afectadas por
ERTES ou obrigadas a solicitar un permiso non retribuído para o coidado de fillos
menores de 13 anos, tras verse afectados polo peche dos centros educativos e
dos servizos que o propio Concello tiña activos para facilitar a conciliación familiar”, sinalou.

Nesa liña lembrou que o proxecto Activa Valadouro “conta cun presuposto inicial
de 48.000 euros, que se poderán ampliar ata dar cobertura, se houbera un
incremento de solicitudes”.

“A MADEIRA FOI A TÁBOA DE SALVACIÓN DO CONCELLO”

Maseda avanzou ademais que “o goberno municipal tamén someterá a votación do pleno as bases extraordinarias que regularán a concesión de subvencións a asociacións de veciños para investimentos destinados á loita contra as consecuencias do Covid-19 na anualidade 2020, que conta cunha partida de 70.000 euros”.

Segundo a proposta do rexedor, os colectivos veciñais “poderán dedicar os
importes concedidos polo Concello a potenciar o sector forestal, vital na nosa
vila, xa que nas anteriores crises a madeira foi a táboa de salvación de moitas
familias do Valadouro, por iso agora necesitamos ter liquidez e solvencia
económica antes posibles incrementos nas sacas”, razoou.

Con esta dotación económica poderán realizar arranxo de pistas ou camiños, a
compra ou aluguer de terreos para o acopio de madeira, xa que o que pretende
esta iniciativa “é apoiar actividades de alto valor engadido no municipio, así como
a reactivación da economía local”, conclúe.

Nesta mesma sesión plenaria, o goberno municipal someterá a votación un
suplemento de crédito de 509.636,53 euros, que “posibilitará dotar
presupostariamente o programa Activa Valadouro e ás subvencións das
asociacións de veciños”.

“Do mesmo xeito incrementará partidas destinas o SAF (Servizo de Axuda no
Fogar), a prevención e loita contra incendios forestais, a regulación dos gastos
co consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a posibles adaptacións
nas dependencias municipais para a prevención contra o COVID-19, e posibilita a
creación de un fondo de continxencia ante posibles gastos producidos por baixas
laborais do persoal municipal”, prosegue Maseda.

Dito suplemento “tamén é necesario para o pago de indemnizacións a empresas
prestadoras de servizos do Concello de O Valadouro, que tras o peche de distintas
actividades viron suspendidos os seus contratos, e según como recoñece a Lei o
Concello dende o primeiro momento fíxose cargo das nóminas dos traballadores
cumprimentando igualmente os salarios e as cotas a Seguridade Social”, remata.

PLENO RETRANSMITIDO EN DIRECTO

Como xa é habitual a sesión plenaria do Concello do Valadouro será pública,
sendo retransmitida en directo pola canle de YouTube do Concello e polos
Servizos Audiovisuais da Deputación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...