InicioPolíticaA reforma estrutural da N-642 comezará "a finais de mes", segundo o...

A reforma estrutural da N-642 comezará “a finais de mes”, segundo o Goberno

A subdelegada do Executivo central anunciou a adxudicación da rehabilitación da vía entre San Cibrao e Fazouro e Barreiros e Mañente

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este mércores A Mariña para explicar as obras realizadas polo Ministerio de Fomento na N-642, a estrada que vertebra a bisbarra. A representante do Executivo español lembrou que foi necesario “un aumento do orzamento” para executar as actuacións “de emerxencia”, e anunciou que a finais de setembro ou principios de outubro acometerase a rehabilitación estrutural do vial.

VUELTA A ESPAÑA

Rodríguez recordou que esta vía de comunicación “é usada por moitos mariñaos durante todo o ano, ao que se suman durante o verán numerosos turistas”. Á importancia da estrada para a poboación da bisbarra súmase ademais, o paso da Vuelta Ciclista a España pola comarca este xoves.

Así, a subdelegada do Goberno sinalou que “o mal estado no que se atopaba o pavimento desta estrada e o perigo que supuña para os condutores obrigounos a actuar. Fomento tivo que aumentar o orzamento previsto para levar a cabo novas obras de urxencia. Foi a segunda ampliación da declaración inicial de emerxencia e con ela duplicamos os cartos investidos antes”, resaltou.

o investimento nas obras executadas, en barreiros, foz, burela e cervo, ascende a 1,5 millóns

En concreto, o investimento feito coa declaración inicial de emerxencia ascendeu a 173.915 euros nunhas obras realizadas entre os puntos quilométricos 2,200 e 7,900. Posteriormente, ampliouse a declaración de emerxencia para realizar novas melloras entre os pk 2,200 e 45,300, nas que se investiron outros 620.383 euros.

SEGUNDA AMPLIACIÓN

Sen embargo, segundo espuxo a subdelegada, o “deterioro da vía, con fochancas de ata dez centímetros de profundidade”, aconsellou a realización dunha segunda ampliación da declaración de emerxencia. Deste xeito, Fomento aprobou a principios do mes de agosto un investimento de 729.567 euros, partida que se destinou a mellorar o pavimento entre os puntos quilométricos 26,900 e 54,395.

Estas obras, que afectaron aos concellos de Barreiros, Foz, Burela e Cervo, están rematadas, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros.

REHABILITACIÓN

Respecto á reforma estrutural da N-642, a subdelegada do Goberno asegurou que comezará “a finais de setembro ou principios de outubro”. Executarase a rehabilitación da estrada entre os puntos quilométricos 26,950 e 28,800 -entre a conexión da vía coa N-634, en Barreiros, e o núcleo focego de Mañente– e do 36,500 ao 55,000 -entre Fazouro, Foz, e San Cibrao, Cervo-.

o proxecto foi adxudicado por fomento cun orzamento de case dous millóns e ten un prazo de execución de doce meses

O proxecto foi adxudicado por Fomento por un orzamento de 1.996.484 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de doce meses.

O secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e alcaldes e voceiros dos socialistas na Mariña visitaron as obras.

CRÍTICAS DO PP

O deputado do PP no Congreso, Jaime de Olano, afirmou que “hai que ter pouca dignidade política para anunciar obras de emerxencia na N-642 cando foi o Goberno de Rajoy o que impulsou estas actuacións. Estaremos vixiantes para que se cumpran os compromisos adquiridos para a mellora desta estrada, así como para o desenvolvemento da A-74”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...