A Consellería de Sanidade vén de informar que a área sanitaria de Lugo mantén 41 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de tres persoas respecto da xornada de onte, sábado, cando se rexistraban 44 infectados.
Deles, unha persoa permanece na Unidade de Coidados Intensivos do HULA, igual ca nestes días anteriores. Outra está en planta (unha menos ca onte) e outras 39 en corentena nos seus domicilios (dúas menos ca onte). Ademais, o Hospital Público da Mariña segue sen pacientes Covid ingresados.
No histórico ata o día de hoxe, o Sergas conta 27 falecementos, 880 altas e un total de 948 casos totais na provincia (tendo en conta as mortes e mais as altas).
GALICIA
O número de casos activos de coronavirus COVID-19 no conxunto de Galicia descende a 732, o que supón 17 menos que este sábado, mentres que os pacientes curados aumentan a 9.958, o que implica 22 máis que a xornada pasada.
Por áreas sanitarias, dos 732 casos activos, 266 corresponden á de Vigo (tres menos que o sábado); 167 á da Coruña (tres menos); 135 á de Santiago (un menos); 75 á de Ourense (sete menos); 41 á de Lugo (tres menos); 28 á de Pontevedra (un menos) e 20 á de Ferrol (un máis).
Así o constatan os Consulta aquí os datos a nivel galego actualizados este domingo pola Cosellería de Sanidade.