IniciosociedadeSeis positivos menos para un total de 97 en Burela, que leva...

Seis positivos menos para un total de 97 en Burela, que leva tres días sen detectar casos novos

Llano espera que a partir da semana que vén "poida tomarse a decisión" de abrir o municipio; este venres realizáronse 180 PCR

Publicada o

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus no municipio de Burela, epicentro do brote de Covid-19 na comarca lucense da Mariña, sitúanse este venres en 97, seis menos que este xoves, polo que esta localidade leva xa tres días sen detectar novos positivos. Así o informou o alcalde, Alfredo Llano, quen destacou a “descendencia” da pandemia na localidade nos últimos días. “Estamos contentos de que vaia así”, expresou.

Ademais, Llano espera que”a principios da semana que vén se poida tomar a decisión de abrir Burela” –único municipio da Mariña que continúa pechado perimetralmente polo brote– e “normalizar a situación”. Para iso, asegurou, “está a traballarse ben”.

Neste sentido, destacou que ao longo deste venres fixéronse no municipio 180 test rápidos e “todos deron negativo”. Podes consultar a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...