InicioDeportesElena Aragón incorpórase ao Burela FSF, que renova a Ale de Paz

Elena Aragón incorpórase ao Burela FSF, que renova a Ale de Paz

O Pescados Rubén ficha á universal andaluza, procedente do Leganés, e prorroga o seu acordo coa futbolista de Neda, peza importante no equipo campión de Liga

Publicada o

- Advertisement -

A universal Elena Aragón de la Torre (Chiclana de la Frontera, 1995) será xogadora do Pescados Rubén Burela FSF a vindeira tempada, segundo expuxo a entidade laranxa a través dun comunicado de prensa. Procedente do Leganés, a andaluza convértese na segunda novidade nas filas burelistas tras a incorporación da porteira cántabra Sandra Buzón, que chegou tamén do equipo madrileño.

A nova 19 do Pescados Rubén FSF, que o ano pasado anotou dez goles na Primeira División, supón a novena peza do novo bloque laranxa. O Burela anunciou este mesmo mércores a renovación de Ale de Paz.

NOVE FUTBOLISTAS CONFIRMADAS

A xogadora de Neda, que no anterior curso asinou doce tantos, cumprirá a súa segunda tempada no club. Tamén renovaron Bea Mateos, Dany e Lara Balseiro, e Jozi, Peque e Cami teñen contrato en vigor. Buzón e Aragón son, polo de agora, as dúas incorporacións confirmadas.

“Hai xogadoras no equipo con moitísima experiencia e calidade das que espero aprender. Ademais, (o Pescados Rubén FSF) é un dos clubs destacados neste deporte e dos poucos que son profesionais, aquí poderei madurar tanto persoal como futbolisticamente”, valorou Aragón sobre o seu novo destino.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...