InicioM.ambiente e PatrimonioPropoñen crear un Espeleoparque na Mariña con recursos como a Cova do...

Propoñen crear un Espeleoparque na Mariña con recursos como a Cova do Rei Cintolo, furnas mariñas ou minas

A Federación Galega de Espeleoloxía e o Concello de Mondoñedo mantiveron este martes unha reunión na que se abordou o proxecto

Publicada o

- Advertisement -

A Federación Galega de Espeleoloxía e o Concello de Mondoñedo mantiveron este mércores unha reunión na que se abordou o proxecto de creación dun Espeleoparque na Mariña Lucense.

Este proxecto, segundo explicou o presidente da citada federación deportiva, Francisco Martínez, incluiría recursos de diferentes municipios, tales como karst puro da Cova do Rei Cintolo, karst granítico da zona do río Tronceda, furnas mariñas en distintos municipios lucenses, minas e o Centro de Interpretación da Prehistoria do Vilar. “A súa posta en práctica podería incluso chegar a derivar na creación dun xeoparque nesta zona lucense”, asegurou o Concello a través dun comunicado de prensa.

Martínez, que mantivo unha xuntanza co alcalde, o popular Manuel Otero, e a tenente de alcalde, Elena Candia, recibiu “o apoio e compromiso de traballo” por parte do goberno local para a creación do Espeleoparque.

Na reunión tamén se tratou un novo itinerario guiado na Cova do Rei Cintolo, “que polas súas características será máis deportivo e só poderán participar persoas maiores de 18 anos“, indica o Concello. Este novo tipo de visitas “deportivas especiais” está aberto a actividades como campamentos de espeleoloxía, desenvolvemento de cursos relacionados con esta especialidade e coas actividades de intervención e rescate dentro da cavidade.

572 VISITAS Á CAVIDADE NO QUE VAI DE AGOSTO

Concello de Mondoñedo e Federación manteñen un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga dos intinerarios guiados á cavidade. No que vai de mes de agosto, a Cova do Rei Cintolo tivo 572 visitas. No pasado mes de xullo modificouse a normativa para ampliar o seu número, rebaixar nun ano a idade para poder acceder á galería central, acudir con guía á zona do río e descontar catro anos -ata os oito- a idade mínima para participar nas visitas deportivas. As análises de superficies realizada para detectar a posible presenza de covid-19 deron negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...