IniciosociedadeO PP de Foz alerta da "perigosidade" da ponte de Forxán tralas...

O PP de Foz alerta da “perigosidade” da ponte de Forxán tralas obras

Os conservadores aseguran que se elevou a infraestrutura "preto de 20 centímetros", o que deixa "moi pouca visibilidade"

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular de Foz, advertiu da “perigosidade” da ponte de Forxán. O PP focego asegura que tralas obras realizadas polo Goberno central na N-642 “quedaron elevadas tres destas infraestruturas, o que constitúe un alto risco para os
usuarios”.

“É razoable que haxa que elevar por razóns técnicas pero o que é inaceptable é que queden en mal estado e non en perfectas condicións porque, ademais, dan acceso a parroquias”, afirma o voceiro popular, Javier Castiñeira, que asegura recibir “queixas dos veciños”.

“Logo dun ano de molestias, con accesos cortados e limitados con conos, e 600.000 euros de investimento, o estado no que se atopan é inaceptable. O exemplo claro é a ponte de Forxán. Esta xa non estaba ben. Xa quedara mal cando se fixo a variante, habendo moitas reclamacións naquel momento por parte dos veciños da localidade. Era dificilmente empeorable, pero quedou moito peor”, expón Castiñeira.

Concretamente, eleváronse practicamente 20 centímetros, “polo que queda unha pendente altísima e moito máis longa, con moi pouca visibilidade. Todos os que sabemos o historial dese acceso, sabemos que é perigoso, incluso rexistrou algún accidente mortal”, resalta. Por este motivo, pídelle ao goberno local que, “xa que non se fixo ben o traballo e o Concello non foi capaz de controlar que quedase correctamente, que se rectifique”. “Entendemos que podería haber outras solucións moito mellores. Nalgún caso onde non era posible subir a estrada o que había que facer era rebaixar o pavimento existente”, apunta o popular.

“Forxán quedou moi mal. Francamente pensamos que non se podería empeorar o estado no que estaba. Por iso, amosamos o noso descontento e pedimos que traten de solucionalo porque pode haber accidentes graves”, conclúe Castiñeira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...