IniciosociedadeUn positivo entre o persoal da residencia de Cervo; Burela e Viveiro...

Un positivo entre o persoal da residencia de Cervo; Burela e Viveiro seguen en alerta amarela

Nas últimas 24 horas localizáronse 64 casos novos por PCR na provincia, para un total de 651

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 651, 45 máis ca onte, segundo a última actualización. Nas últimas 24 horas localizáronse 64 positivos novos por PCR.

Os municipios de Viveiro e Burela seguen na alerta de nivel 1, o primeiro por entre 14 e 28 casos nas últimas dúas semanas e o segundo por alomenos sete contaxios nos últimos sete días.

Dos 651 contaxiados, 27 permanecen ingresados, un deles no Hospital Público da Mariña. O centro hospitalario de Monforte coida un paciente Covid-19, por outro do Polusa. Vinte e dous doentes fican no HULA, entre eles os dous de coidados intensivos da área lucense.

No histórico da provincia producíronse 92 falecementos, déronse 3.173 altas e 3.916 contaxios desde o inicio da pandemia.

No tocante ás residencias, na Mariña súmase un novo positivo, o dun traballador no xeriátrico de Cervo.

MAIORES

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela

2 Residencia Castro Ribeiras do Lea

1 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

1 San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)

2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

DISCAPACIDADE  

USUARIOS
16 Residencia Domusvi Bóveda

TRABALLADORES
14 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

860 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.431, deles 1.122 son da área da Coruña, 651 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 639 da de Pontevedra, 1.186 da área de Vigo, 1.089 da de Santiago, e 445 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en Uci, 371 en unidades de hospitalización e 6.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.315 persoas curadas, rexistrándose 860 falecementos. O número de PCR realizadas é de 633.494.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...