Unha muller de 89 anos que contraera o coronavirus faleceu no Hospital Público da Mariña, segundo informou este domingo o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Trátase dunha residente no xeriátrico de Cervo, onde nos últimos días localizouse un brote con máis de 30 persoas afectadas, entre maiores e traballadores. Ademais, outro usuario do centro, un home de 81 anos, igualmente diagnosticado de Covid-19, morreu o pasado día 30.
Outras sete persoas con Covid-19 faleceron nas últimas 24 horas en hospitais galegos, segundo a Consellería de Sanidade. Un varón de 80 anos, no CHOP; unha muller de 84 anos, no CHUAC, residente en Ballesol-Oleiros; unha muller de 73 anos, no CHUO, procedente do xeriátrico Nosa Señora dos Anxos; unha muller de 90 anos, no Hospital de Valdeorras, procedente de Val de Godos, de Viana do Bolo; outras dúas mulleres, de 88 e 85 anos, no CHUO.