Os centros educativos da Mariña suman 29 contaxios, con seis casos e unha aula pechada no Vista Alegre

A unidade pechouse o pasado luns e os pequenos do colexio de Burela afectados reciben ensino telemático

Ceip Vista Alegre de Burela. GOOGLE MAPS

O número de positivos de coronavirus nos centros educativos da Mariña Lucense segue en aumento, ata os 29 casos activos, segundo o reconto do Sergas. O maior número de casos céntrase no Ceip Vista Alegre de Burela, con seis casos activos e unha aula pechada desde o pasado luns. Os nenos contaxiados atópanse asintomáticos e estase a dar as aulas de xeito telemático para que os afectados poidan seguir o curso.

Os positivos localizados na Mariña son os seguintes (cos centros con casos novos en negriña):

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1 (aula pechada)

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 6 (dous máis, unha aula pechada)
BURELA IES Monte Castelo 3
BURELA IES Perdouro 1

FOZ CEIP Fondo Nois 1
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 2
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2 (un máis)

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1

VIVEIRO CEIP de Celeiro 1
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2 (un máis, unha aula pechada)
VIVEIRO CEP Lois Tobío 3 (un máis)
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 1 (novo)
XOVE IES Illa de Sarón 3

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here