IniciosociedadeAlerta laranxa na costa por fortes refachos de vento e ondas de...

Alerta laranxa na costa por fortes refachos de vento e ondas de ata cinco metros

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activa o aviso dende o mediodía deste sábado

Publicada o

- Advertisement -

EFE | A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou este sábado unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral lucense e no noroeste da Coruña a partir deste mediodía.

Segundo indica a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir deste mediodía comezará un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con vento de suroeste-oeste de forza 8 en Prior-Bares, con mar combinada do oeste, que deixará ondas de entre 4 e 5 metros na Coruña.

Na Mariña espérase vento do oeste de forza 8, principalmente en Bares e mar adentro, con mar combinada do oeste suroeste e ondas de 4 a 5 metros. Os refachos poderán superar os 70 km/h.

O resto do litoral galego permanecerá en nivel amarelo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa para evitar ser arrastrado ou golpeado pola auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...