InicioMovementos SociaisGalegas 8-M prepara actos polo Día Internacional da Muller en seis municipios...

Galegas 8-M prepara actos polo Día Internacional da Muller en seis municipios da Mariña

Máis de 60 mulleres preparan esta xornada de reivindicación mobilizacións en Foz, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, Cervo e Burela

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo Galegas 8-M concretou a través dun comunicado de prensa que “un ano máis a Mariña terá presenza e actividade” dentro do Día Internacional da Muller. Máis de 60 mulleres preparan esta xornada de reivindicación na que se organizarán actos en Foz, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, Cervo e Burela.

Polo de agora convocouse a habitual folga e fíxose unha petición de saír aos balcóns cun mandil para reivindicar que “sen coidados non hai vida” e “darlle o valor real aos traballos que fan a vida posible”, aínda que probablemente realizaranse tamén outro tipo de actos que están a perfilarse.

“O sistema sobrecarga ás mulleres, a nós, á metade da poboación de forma que somos máis pobres, máis vulnerables e menos libres”, expón o colectivo.

Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas“, é o sublema da xornada reivindicativa, que reclama “uns coidados humanizados, respetuosos cas vidas e de calidade. Os coidados son esenciais, e como tal deben ser valorados. Pararemos os coidados para visibilizar a nosa sobrecarga, para facela visible e que non se faga negocio coa nosa saúde“, explican.

“A privatización dos servizos esenciais para o coidado xenera máquinas lucrativas,
énchense os petos dunhas poucas persoas mentras escravizan e empobrecen outras
(o 99% mulleres)”, denuncia Galegas 8-M, que sinala que “pese a situación de emerxencia sanitaria, non podemos deixar de mobilizarnos, non van a confinar as nosas loitas tras as portas”. Con todo, expón que os actos reivindicativos faranse extremando as medidas de seguridade contra a pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...