InicioCentralNace Xornal da Mariña, dixital en galego para a bisbarra e Occidente...

Nace Xornal da Mariña, dixital en galego para a bisbarra e Occidente de Asturias

Publicada o

- Advertisement -

O Día das Letras Galegas trae un gran presente para a bisbarra. Trátase do Xornal da Mariña (xornaldamariña.gal), o primeiro gran xornal dixital en galego da Costa de Lugo e do Occidente de Asturias. Abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio.

Ademais, será o primeiro medio, desde a época do precursor Vieiros, en informar en galego sobre o que acontece nas zonas galegofalantes da comarca do Eo, un espazo cultural, social e económico que sempre estivo moi vinculado coa zona norte de Lugo.

Por outra banda, este novo medio informará do resto da provincia grazas ás novas que lle achegarán os outros dous medios irmáns que tamén nacen neste Día das Letras Galegas; LugoXornal (lugoxornal.gal), que informará sobre as comarcas do centro de Lugo e os concellos galegofalantes do Bierzo, e Xornal de Lemos (xornaldelemos.gal), que informará da zona sur da provincia.

Asociación con outros medios

Xornal da Mariña tamén estará tamén asociado a GC (www.galiciaconfidencial.com), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

Este medio conta cos xornalistas Ramón González Rey, na área da información da Mariña, e Vanesa Gómez Lourido, na área de información do occidente de Asturias. Xosé Manuel González “Brais” exercerá como xefe comercial. Ademais colaborarán neste medio Óscar Bernárdez, Millán Gómez, Pilar Vázquez Prieto, Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Ramón González Rey, Vanesa Gómez Lourido e Xosé Manuel González “Brais”. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...