IniciosociedadeCribado masivo a vindeira semana en Burela ás persoas de oficios con...

Cribado masivo a vindeira semana en Burela ás persoas de oficios con exposición ao público

Así o acordaron Sergas e Concello despois de que este xoves trascendese o caso dun pesqueiro coa maioría da tripulación contaxiada

Publicada o

- Advertisement -

Os veciños de Burela máis expostos ao público por razóns laborais serán citado para un cribado masivo que se realizará a vindeira semana no Hospital Público da Mariña, segundo anunciaba esta tarde o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor burelao contou que “esta mañá recibín a noticia pola chamada das autoridades sanitarias que me confirmaron que había un barco atracado no porto de Burela con positivos”. Trátase do Nuevo Madre Rosaura, con trece tripulantes contaxiados, dous negativos e outro que xa pasou o virus.

“Fixemos unha análise da situación e evidentemente hai que ter en conta e hai que dicilo con toda sinceridade que aparecen casos inmediatamente. Sóbese moi fácil, pero baixar é moi difícil. Polo tanto fago unha chamada de atención para ter precaución, para que se cumpran os protocolos e para tratar de evitar o contaxio en todos o lugares e momentos dunha forma clara”, remarcou.

Llano dixo que “as autoridades sanitarias fan a proposta de facer un cribado a próxima semana, o mércores ou o xoves. Desde o Concello imos elaborar un bando para animar e motivar á xente para que vaia facer as probas, que van dirixidas en principio a todas as persoas que atenden algún negocio ou estean nalgún traballo relacionado coa atención á xente, como poden ser en restaurantes, bares, calquera tipo de tenda, taxistas…”, exemplificou.

“Xa veremos que datos terán que aportar os que queiran ir facer o cribado para que nos avisen no Concello e a partir do luns elaboraremos ese bando onde se indicará claramente os datos que hai que aportar e a voluntariedade de facer ese cribado. Estamos nun momento no que íamos ben e hai que procurar seguir así, non podemos dar oportunidades a que se siga espallando o virus”, salientou.

AS ANÁLISES SERVIRÁN PARA “PREVIR BROTES”

O alcalde de Burela manifestou: “hai que ter en conta que se puxeron moitas vacinas, pero aínda quedan moitísimas máis por dar. Por tanto non hai nada seguro, hai que atender aos protocolos e non relaxarse nin moito menos porque suporía volver para atrás. E o que queremos e ir para diante. Así que temos que conseguilo entre todos, dando o exemplo que é habitual en Burela, de responsabilidade, sendo conscientes do que pode suceder porque é moi fácil subir pero moi difícil baixar”, argumentou.

E engadiu: “por tanto agora, que hai estes casos nun barco que está no porto de Burela, vamos procurar que non volvan xurdir certos brotes ou rebrotes“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...