A Mariña insiste na súa loita por unha sanidade pública de calidade e chama a unha nova protesta

A plataforma sanitaria da Mariña convoca unha concentración en Burela este mércores para “recuperar a sanidade pública”.

Integrantes da plataforma sanitaria da Mariña. AXM

A Mariña non esquece a súa sanidade e, máis, nestes momentos de pandemia. Por iso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha concentración para o vindeiro mércores 21 de abril en defensa da sanidade pública. O colectivo lembra que, desde que o goberno da Xunta suprimiu a área sanitaria mariñá, “o proceso de perda de servizos e o alonxamento da sanidade pública das persoas adquiriu unha velocidade vertixinosa”.

Hoxe ,a case totalidade de mariñaos e mariñás perciben uns servizos sanitarios menos cercanos, máis precarios e máis encamiñados á derivación cara a macrohospitais nas cidades”, indica o colectivo. Por iso, incide na necesidade de defender a devolución da área sanitaria como primeiro paso para recuperar a autonomía orzamentaria e deixar de depender das “migaxas que nos quedan despois de que que a capital use todos os recursos que precisan”, explica Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma a través dun comunicado.

Por iso, chama a secundar esta concentración da plataforma SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada. Na Mariña, a concentración, terá lugar en Burela, diante da Praza do Concello ás oito da tarde. “Chegou a hora de saír novamente á rúa a facer valer o dereito a recibir unha asistencia sanitaria digna , garantindo a asistencia presencial nos nosos centros de saúde, incrementando o persoal sanitario e administrativo e rematando coa precariedade e inestabilidade do persoal asistencial”, destaca a plataforma.

EVITAR “SITUACIÓNS CRÍTICAS”

O colectivo insiste na participación da xente neste acto para evitar que se volvan repetir as situacións críticas que se deron hai uns meses, nas que especialidades como Reumatoloxía e Cardioloxía quedaron practicamente baleiras de profesionais, “causando verdadeiros colapsos de asistencia e sumándose á xa deficiencia estrutural de profesionais que caracterizan ao hospital da Mariña”.

Neste sentido, Víctor Vila , portavoz da Plataforma, lembra que “vimos sufrindo desde hai moitos anos o desleixo da administración con esta comarca e esta desidia reflíctese na percepción global de que temos menos e peores servizos, de que a nosa Atención Primaria está desmantelada, e de que cada vez é máis patente a derivación cara aos macrohospitais das capitais”.

A Plataforma Sanitaria considera que estas deficiencias sanitarias, “orquestadas segundo un plan estratéxico do goberno da Xunta” son motivo “máis que suficiente para volver saír á rúa” e é por iso animan á poboación a que acud

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here