IniciosociedadeA Xunta dálle 150.000 euros ás Hermanas Hijas de la Caridad San...

A Xunta dálle 150.000 euros ás Hermanas Hijas de la Caridad San Vicente de Paúl de Mondoñedo

Encádrase dentro dun conxunto de compensacións que o Goberno galego achega ás entidades non federadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta de Galicia aprobou unha axuda de 153.000 euros ás Hermanas
Hijas de la Caridad San Vicente de Paúl, que xestionan o centro de discapacidade de
San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo. Trátase dun convenio que se encadra dentro
dun conxunto de compensacións que o Goberno galego achega ás entidades non
federadas pola actualización do convenio colectivo de centros de atención á
discapacidade.

Deste xeito, aprobaranse acordos con dez colectivos por unha contía total de 950.000
euros coa finalidade de axudalos economicamente e garantir as condicións laborais
dos seus traballadores.

Hai dous anos, cando se fixo efectiva a actualización do convenio colectivo, a Xunta
aprobou un rescate de 4 millóns de euros destinado ás entidades federadas. “Con estes novos acordos, o Goberno galego axuda tamén aos dez colectivos que, por non estar
en incorporados a ningunha das grandes federacións, non puideron acceder a estes fondos”, apunta o Goberno galego.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...