InicioCulturaA Mariña comeza a prepararse para o Día das Letras Galegas

A Mariña comeza a prepararse para o Día das Letras Galegas

Lourenza, Cervo e Foz organizan recitais, concertos e charlas.

Publicada o

- Advertisement -

Varios concellos da Mariña comezan a prepararse para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, con distintas actividades entre as que destacan, charlas, recitais, teatro ou concertos de música.

Así, o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, destacou haberá unha lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Foz, Inés López Couto, anunciou un mes de maio cargado de actos culturais. Na primeira semana de maio proxectarase un documental de Carlos Lorenzo: Vértice de versos. Será este xoves, día 6, na Casa da Cultura ás 19.30 horas. Contará coa presenza do director e de Emma Pedreira e Yolanda Castaño.

Durante este mes de maio tamén a Escola de Música Municipal Arcadio Mon ofrecerá recitais dos seus combos. Serán o venres 7, o xoves 13 e o venres 21, no paseo da Ribeira ás 20 horas. Tamén o venres 14 na Basílica de San Martiño a Fundación Bal y Gay organiza un concerto da pianista Judit Jauregui ás 19.30 horas. E nese mesmo fin de semana das letras galegas haberá actuación o domingo 16 da Banda de Música de Foz e o grupo teatral Touporrouto.

En Cervo, a edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases dun concurso de debuxo convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas “co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura”. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de maio, debendo ser entregados polos autores/as nas bibliotecas municipais do concello.

En Barreiros, terá lugar o recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa primeira edición despois de ter sido adiado no pasado mes de Outubro. Esta primeira edición xuntará voces da Mariña “que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía”. A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos, conducida polo narrador oral e poeta Lois Pérez o luns 17 de Maio ás 18h no Centro Sociocultural.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...