Unha embarcación rescatou en bo estado a tres persoas que se atopaban en apertos despois de que envorcase a lancha coa que navegaban pola costa do municipio de Foz.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao redor das 12,30 deste luns. Sobre esta hora, unha persoa particular chamaba á central de emerxencias para indicar que acababa de ver como unha lancha envorcara na praia da Rapadoira e os seus tripulantes tiñan dificultades para volver a terra.
Así, inmediatamente, o 112 pasou o aviso a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia, que derivou un helicóptero ata a zona. Ademais, foron informados a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Goz.
No dispositivo tamén participaron outras dúas embarcacións que navegaban pola zona. Finalmente, unha delas puido rescatar aos tripulantes da lancha e levalos ata San Cosme, en Barreiros, onde deixaran os seus coches particulares antes de saír ao mar.