“Aquí comeza o mar”, a campaña para concienciar dos efectos da contaminación no mar da Mariña

Entre os principais problemas de contaminación do mar están o plástico, as cabichas e ultimamente as mascarillas e as luvas

A edil de Burela Toñi Eijo xunto con integrantes de A Mariña sen Plásticos sinalizando os sumidoiros nunha campaña de concienciación contra a contaminación mariña / Concello de Burela

“Aquí comeza o mar”. Así son os letreiros que aparecerán, a partir de agora, nos sumidoiros do Concello de Burela. É unha campaña da Concellería de Medio Ambiente xunto coa asociación A Mariña Sen Plástico co fin de concienciar á poboación sobre os residuos mal xestionados e o efecto que teñen sobre os ecosistemas mariños.

A iniciativa comezou nos sumidoiros da rúa Eijo Garay. Neles, ademais da mensaxe pode verse a silueta dun bonito e as ondas do mar. A edil Toñi Eijo subliñou que “o obxectivo da campaña é concienciar á poboación sobre os residuos mal xestionados e o seu devastador efecto sobre os ecosistemas mariños”.

“Todo o que arroxamos aos sumidoiros ou ao chan finalmente chega ao mar. A contaminación que sofren os océanos é unha das ameazas máis urxentes ás que nos enfrontamos”, engadiu.

Entre os principais problemas de contaminación do mar están o plástico, as cabichas e ultimamente as mascarillas e as luvas xa que “poñen en risco a vida de moitas especies”. Esta iniciativa chegará nas vindeiras semanas aos sumidoiros outras rúas do concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here