InicioEconomíaA Xunta di que achegou 612.000 euros ao emprego autónomo e favoreceu...

A Xunta di que achegou 612.000 euros ao emprego autónomo e favoreceu case cen novas altas na Mariña

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se concederon 198 axudas para fomentar o emprendemento e mellorar a competitivade destas empresas na comarca.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Emprego e Igualdade achegou o pasado ano 612.200 euros aos traballadores autónomos da Mariña a través de programas de apoio. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sublixou que “se realiza un importante esforzo para apoiar a un colectivo fundamental para a economía da nosa provincia, onde un de cada tres traballadores é autónomo”.

Así, no 2020 concedéronse 198 axudas, que favoreceron a incorporación ao réxime de autónomos a preto dun centenar de persoas desempregadas e a competitividade de empresas xa establecidas.

O programa que sumou maior número de apoios por o Bono autónomo. Porén, o maior volume de investimento concéntrase no programa de promoción do emprego autónomo. Ademais de fomentar o emprendemento, a Xunta tamén axuda a consolidar e impulsar o crecemento destas empresas con apoios á contratación de traballadores.

Os cinco concellos que concentran máis apoios son os de Ribadeo, con 41 axudass e 135.700 euros de investimento; Foz, con 34 axudas e 103.200 euros; Viveiro, con 87.100 euros para 25 expedientes; Burela, 22 axudas e 61.700 euros; e Mondoñedo, que alcanza as 18 achegas e 55.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...