IniciosociedadeHaberá que levar máscara na rúa se non están garantidos 1,5 metros...

Haberá que levar máscara na rúa se non están garantidos 1,5 metros de distancia

A Xunta anuncia as medidas da nova normalidade. A máscara será obligatoria nos bares. As terrazas poderán abrir ao 100% e o lecer nocturno a partir do 1 de xullo.

Publicada o

A proposta que Galicia defenderá no Consello Interterritorial de Saúde é que se retire a obrigatoriedade de máscara nos espazos exteriores con carácter xeneralizado, pero haberá que poñela cando non se poida cumprir a norma de metro e medio de distancia. Isto implica que, a xente, terá que estar pendente en todo momento, de se cumpre esta distancia para poñer ou non a máscara, especialmente, nas cidades. Tamén será necesario o seu uso en terrazas –salvo no momento do consumo– ao non poder manterse esta distancia entre persoas, pero non, por exemplo, nun paseo entre convivintes. Na súa comparecencia, tras reunirse na pasada xornada o comité clínico, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, queixouse de que o Goberno non informase do seu plan nas comunidades, e defendeu que a proposta de Galicia é “clara” e “sólidamente construída” en base a criterios médicos, aínda que matizou que se modificará se así o esixe un real decreto do Executivo estatal. No caso dos concellos con nivel máximo de risco (máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes) –neste momento non hai ningún en Galicia– habería que manter a máscara no exterior. E Feijóo remarcou que “será obrigatorio”, en todo caso, levala “sempre encima”. “Formará parte das nosas pertenzas obrigatorias”, sentenciou. Do mesmo xeito que no caso dos aforamentos, a idea é que a norma entre en vigor –neste caso haberá que estar pendentes da decisión estatal, que podería modificar o plan da Xunta– desde este sábado. BARES, TERRAZAS E OCIO NOCTURNO O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que Galicia dá un paso máis na desescalada fronte á pandemia cunha ampliación xeneralizada dos aforamentos en espazos e tamén para eventos. No caso do interior de bares e cafetarías manterase no 50%, pero ampliarase ata o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia. Tras a reunión na pasada xornada do comité clínico, Feijóo ratificou que se permitirá pedir e servir nas barras dos locais da hostalaría, aínda que non se poderá consumir nas mesmas. Entre outras novas decisións, Feijóo tamén ratificou que a intención é que reabra o lecer nocturno desde o 1 de xullo, polo que, “por primeira vez en moitos meses” non quedará en Galicia “ningunha actividade completamente pechada”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...