O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) bota a andar o programa ‘Lugo é Artesanía’, unhas visitas guiadasata unha vintena de obradoiros situados nas distintas comarcas lucenses durante os meses de xullo, agosto e setembro. Estas actividades ofrécense en dous formatos diferentes: por unha banda, propóñense unhas ‘Xornadas Viaxeiras’para asistir a diferentes obradoiros e “afondar na relación que cada oficio garda coas características físicas do territorio, o seu patrimonio cultural e etnográfico”; e por outra banda, preséntase o ‘Experimenta Artesanía’, que procura “profundar nas técnicas e nos proxectos profesionais de cada persoa artesá”. Estas visitas desenvolveranse ao longo de Mondoñedo, Ribeira Sacra e Sarria, Lugo, A Mariña ou Riotorto.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.Organizan unhas visitas para coñecer o patrimonio da contorna a través da artesanía
'Lugo é Artesanía' é unha iniciativa que vén de propoñer un conxunto de "roteiros" ata unha vintena de obradoiros situados nas distintas comarcas de Lugo. O 5 de xullo abre o prazo para inscribirese e participar destas visitas, que se celebrarán nos meses de xullo, agosto e setembro.
Publicada o
- Advertisement -