O Tribunal Supremo dálle outro pau a Alcoa

Inadmite o recurso que presentou a multinacional contra as medidas cautelares que no seu día impuxo a xustiza para evitar que parase a actividade na planta de Cervo.

Boneco na planta de Alcoa, durante as protestas polo ERE. AXM

O Tribunal Supremo inadmitiu o recurso que presentou Alcoa contra as medidas cautelares que no seu día impuxo a xustiza para evitar que a multinacional parase a actividade na planta de Cervo.

Deste xeito, aquela decisión faise firme, aínda que, como explica a avogada de CC.OO. María Veiga, “os efectos prácticos” desta medida son “poucos”, tendo en conta que o expediente de regulación foi despois tombado polos xuíces.

En calquera caso, a letrada, que recibiu a notificación da sentenza este mesmo martes, valora esta inadmisión, que o persoal recibe mentres se atopa á espera do pronunciamento do Supremo sobre o recurso que tamén interpuxo Alcoa contra a sentenza que anulou o ERE.

Neste escenario, os traballadores tamén esperan noticias en relación coa reunión que mantiveron o presidente da compañía e a ministra de Industria.

Segundo o Goberno, o representante da firma, Roy Harvey, comprometeuse a dar unha resposta á proposta que lle expuxo a titular do ministerio, Reyes Maroto.

A última formulación de Industria prescinde da participación da SEPI na operación (a sociedade estatal de participacións industriais), condición que para Alcoa continúa sendo imprescindible.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here