InicioEconomíaPermitida a pesca de recreo en todos os portos da Mariña

Permitida a pesca de recreo en todos os portos da Mariña

Só en 16 dos 122 que hai en toda Galicia está prohibida.

Publicada o

- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se levanta a prohibición da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo portuarias, que só queda vetada, finalmente, en 15 portos autonómicos.

A norma aproba tamén o procedemento de declaración responsable para a práctica da pesca de recreo en portos dependentes da comunidade. De feito, a resolución produce efectos a partir deste sábado e ábrese o prazo de presentación de declaracións responsables a partir dese día, que quedará aberto.

En total, 28 portos quedan libres para a realización desta práctica e en 79 estará permitido pero en determinadas zonas sinaladas, xa que se han tramificado.

Os 15 portos en que seguirá prohibida a pesca de recreo en superficie son os de Redes (Ares), San Pedro de Visma (A Coruña), Quenxe (Corcubión), Testal (Noia), Ribeira, Carril (Vilagarcía), O Xufre (A Illa de Arousa), Sanxenxo, Raxó (Poio), Corbaceiras (Pontevedra), Beluso (Bueu), Aldán (Cangas), Moaña, Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) e A Pasaxe (A Guarda).

A comezos do pasado mes de xullo, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lengus, informou de que serían en só 16 dos 122 portos de titularidade autonómica nos que seguiría prohibida a pesca deportiva. Entón, o texto que este venres publica o DOG atopábase en “fase moi avanzada de tramitación”.

RÉXIME DE PROHIBICIÓNS

Nun apartado, a resolución recolle o réxime de prohibicións, entre as que destaca que non se permitirá a práctica da pesca marítima recreativa de superficie desde peiraos de atracada durante as operacións de atracada ou desatraque ou mentres permanezan embarcacións nos peiraos, nin entre embarcacións.

Tampouco se permitirá cando poida afectar o normal tránsito e atracada de embarcacións de calquera índole dentro da dársena ou a súa seguridade. Non se permitirá o acceso a pantaláns, nin a embarcacións, nin a manipulación de embarcacións atracadas, nin a limpeza da pesca nos peiraos, entre outras cuestións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...