InicioCentralA Mariña recibirá medio millón de euros para "estender e mellorar os...

A Mariña recibirá medio millón de euros para “estender e mellorar os servizos básicos de auga no rural”

En total financiaranse 12 obras dos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Ourol, A Pontenova, O Valadouro, O vicedo e Xove.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta destina 468.600 euros para financiar obras de abstecemento e saneamento na Mariña. En total financiaranse 12 obras, oito delas actuacións para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal e catro axudas para a modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes.

Os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Ourol, A Pontenova, O Valadouro, O Vicedo e Xove veranse beneficiados con esta achega, o que significa un aumento por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do orzamento desta liña de axudas. O investivemento inicial contaba con 5 concellos beneficiarios, aos que se sumaron outros catro.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias subliñou que esta iniciativa está dirixida aos concellos de menos de 5.000 habitantes, e “significa un importante apoio para os municipios máis pequenos, para estender e mellorar os servizos básicos de auga no rural”. O límite máximo das achegas é de 50.000 euros por actuación, sendo compatibles as dúas liñas ás que se destinan, así como con outro tipo de axudas.

No conxunto da provincia de Lugo, a Xunta destinou 2.124.500 euros, que cubrirán 52 obras en 37 municipios. En canto a Augas de Galicia, esta destina preto de 9 millóns de euros a 217 actuacións en 152 municipios.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...