InicioCentralJosé Antonio Zan: "Se Alcoa non gaña diñeiro con San Cibrao é...

José Antonio Zan: “Se Alcoa non gaña diñeiro con San Cibrao é porque non quere”

O comité de Alcoa prepara as propostas para tentar "desbloquear" a situación e "continuar coa venda".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, sinalou que se atopan preparando as propostas que porán “en común co Goberno e a Xunta” co fin de “desbloquear a situación” e continuar coa venda da factoría.

Estas estarán preparadas antes do próximo día 20 de agosto, puntualizou o sindicalista de Comisións Obreiras, data que cadra cos “15 días de paz social” que expuxera o comité para fixar unha postura común coa Xunta e o Goberno de cara a lograr a venda da planta antes do 30 de setembro.

Zan defendeu que a multinacional non gaña diñeiro coa factoría de San Cibrao é “porque non quere”, dado que a factoría segue producindo “ao mesmo ritmo” de 2019, “que é cando a empresa baixou a produción nun once por cento”.

Se non gaña diñeiro é porque non quere. Se arrincasen as cubas que están paradas seguramente gañarían máis diñeiro”, considerou, dado que “está claro que a produción de aluminio é rendible a nivel mundial.

“Tamén é verdade que necesitamos que o marco enerxético sexa estable e garanta uns prezos competitivos. Meter enerxías de custo máis reducido, pero iso tanto para nós como para o resto de cidadáns”, destacou.

José Antonio Zan lembrou que Alcoa leva 15 anos traballando sen un marco enerxético e un proxecto enerxético e que o principal inconveniente e dificultade coa que se atopa a planta da Mariña “é o prezo do megawatt á hora de comprarse por xunto”.

O presidente do comité de empresa calculou que producen “ao redor das 19.000 toneladas” de aluminio mensuais, “pouco máis de 200.000 toneladas ao ano”, mentres que antes producían 232.000 toneladas e 1.600.000 toneladas de alúmina anuais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...