IniciosociedadeO PP de Lugo reivindica melloras na conexión ferroviaria Ferrol-Ribadeo

O PP de Lugo reivindica melloras na conexión ferroviaria Ferrol-Ribadeo

Pide ao Goberno estudar un reforzo das comunicacións para non "descolgar" a Mariña da chegada do AVE.

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, reivindicou melloras na conexión ferroviaria Ferrol-Ribadeo, polo que emprazou o Goberno central a que acometa un estudo para desdobrar a vía.

A través dunha proposición non de lei, os populares instan o Executivo a que “encargue unha análise económica e técnica para estudar un reforzo das comunicacións, unha dobre vía, que permita non descolgar a esta parte do territorio desa planificación de futuro que é a chegada do AVE a Lugo”.

“A Mariña é poboacional e socioeconomicamente unha parte moi importante da provincia que podería quedar en absoluto abandono”, advertiu a presidenta dos populares de Lugo, que este venres estivo en Ribadeo acompañada polo vicesecretario de Participación do Partido Popular e deputado nacional Jaime de Olano.

Trátase de “unha iniciativa para estudar posibilidades de mellora que permitan un reforzo na conexión Ferrol-Ribadeo e outras posibilidades para vertebrar a provincia”. “Hai que tentar conseguir unhas mellores infraestruturas que son fundamentais para ter o territorio vertebrado e eliminar desigualdades territoriais e favorecer a dinamización económica”, subliñou.

En definitiva, Candia resumiu que o que perseguen é “buscar a ampliación da vía, que se mellore e se poida transformar e logo se poida conectar con Santiago (o AVE) a través de Begonte”.

CONGRESO

Polo demais, sobre o congreso que a volverá situar á fronte da presidencia do PP de Lugo o 19 de setembro, Candia asegurou que de momento non ten perfilado o equipo que a acompañará. Si destacou o relatorio sobre o que se traballa, e ao equipo organizador do congreso ao que aproveitou para felicitar polo “seu enorme traballo”. O relatorio, dixo, pivota “sobre esa idea e interese de que non só se escoite á militancia, que tamén é imprescindible, pero igualmente á sociedade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...