InicioCentralO temporal alcanzará pola noite o litoral da Mariña, que queda en...

O temporal alcanzará pola noite o litoral da Mariña, que queda en alerta laranxa

Ao longo da tarde a alerta amarela estenderase por toda a Comunidade galega.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta estendeu a alerta laranxa por temporal costeiro á provincia de Lugo, despois de que xa estivese activada para o litoral da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este sábado pola tarde empeza un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa que deixará ventos do suroeste de forza oito e ondas de ata cinco metros. Esta situación afectará o noroeste da provincia da Coruña e, xa pola noite, estenderase ao oeste e alcanzará tamén o litoral da Mariña.

Ademais, o resto da costa galega estará en alerta amarela por ventos de forza sete e ocasionalmente oito, e mar combinado do oeste ou noroeste con ondas de ata cinco metros.

Tamén, ao longo da tarde a alerta amarela estenderase por toda a Comunidade galega por precipitacións acumuladas en 12 horas e vento o suroeste, con refachos máximos de ata 80 quilómetros por hora.

Por este motivo e co fin de garantir os bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...