O Concello de Viveiro acollerá este domingo unha manifestación cidadá en defensa do futuro industrial da Mariña e para protestar pola crise que afecta á comarca, tanto pola situación xerada respecto de Alcoa como a de máis recente anuncio do peche de Vestas.
A marcha está convocada polos sindicatos CC.OO., UGT e CIG, ademais dos membros da Plataforma polo Futuro da Mariña, que solicitan a participación dos veciños da comarca. A manifestación sairá este domingo ás 12,00 horas desde a Cruz Vermella de Viveiro e conta co apoio de representantes políticos como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
Os sindicatos esixen ao Goberno central e á Xunta que “poñan ao vista nesta comarca”, que está “castigada” pola cantidade de empresas que pecharon e as ameazas doutras importantes, ademais da perda de servizos.