InicioCentralMondoñedoPiden cárcere para as veciñas de Mondoñedo acusadas de maltratar o seu...

Piden cárcere para as veciñas de Mondoñedo acusadas de maltratar o seu sobriño

A acusación particular asegura que lle propinaron "golpes, berros, insultos e castigos" no tempo en que conviviu con elas.

Publicada o

- Advertisement -

A acusación popular, que exerce a Fundación Amigos de Galicia, pide dous anos de prisión por malos tratos habituais para as tías dun menor supostamente agredido por estas en novembro de 2017 no municipio de Mondoñedo, así como unha indemnización de máis de 12.000 euros.

Así o informou esta entidade con motivo do xuízo sinalado para este xoves, 11 de novembro, ás 12,30 horas no Xulgado do Penal número 1 de Lugo, no que a acusación popular vén exercida pola Fundación Amigos de Galicia a través do letrado Francisco José Lago Calvo.

A defensa da Fundación Amigos de Galicia asegura nas súas conclusións que “nos feitos ocorridos o 21 de novembro de 2017, as acusadas, as tías do menor –que tiña nove anos–, corrixíano propinándolle golpes, berros, insultos e castigos cando estas consideraban que merecía unha reprimenda polo seu presunto mal comportamento”.

Á mañá seguinte, indica a acusación popular, “as acusadas botáronlle crema hidratante para tentar disimular as lesións causadas”, pero “esa actuación foi en balde pois, unha vez no colexio, a súa profesora do centro decatouse das feridas que sufría o menor” e puxo os feitos en coñecemento da Dirección, que chamou á Garda Civil.

Nas conclusións elaboradas polo avogado Francisco José Lago Calvo, asegúrase que se trata, ademais, de “unha conduta que se prolongou no tempo no que o menor conviviu coas acusadas”. Por todo iso, ao ter en conta a “gravidade dos feitos”, Fundación Amigos de Galicia defende que “actúa en favor dos dereitos do menor implicado ao tratarse duns feitos constitutivos dun delito de malos tratos habituais previsto e penado, así como delito de malos tratos domésticos.

PETICIÓNS

Por iso, considera que procede impor ás acusadas polo delito de malos tratos habituais a pena de dous anos de prisión; así como por delito de malos tratos domésticos; e as penas derivadas do mesmo como a prohibición de aproximación e a prohibición de comunicación co menor.

No que respecta á responsabilidade civil, pídese que as acusadas indemnicen ao menor na cantidade de cantidade de 450 euros polos danos físicos ocasionados e 12.000 euros polas secuelas psíquicas causadas, “tendo en conta a continuidade dos malos tratos, o dano causado e a idade do menor”, puntualiza a entidade, “quen o padeceu desde unha idade moi temperá, onde se atopa desenvolvendo aínda a súa personalidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...