Meteogalicia activará para este domingo senllos avisos de nivel amarelo por abundantes choivas e fortes ventos, tanto na costa como no interior do territorio galego.
En concreto, segundo o boletín de avisos de Meteogalicia, prevese que caian precipitacións por máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas no interior da provincia de Pontevedra, así como o oeste e o suroeste da da Coruña. Esta alerta iniciarase ás 6,00 da mañá do domingo e poderá durar ata a mesma hora do luns.
En canto aos ventos, o aviso amarelo estará vixente a partir das 18,00 da tarde e prolongarase –e mesmo agravará, chegando ao nivel laranxa– a toda a xornada do luns.
Meteogalicia prevé refachos de máis de 80 quilómetros por hora na Mariña, no noroeste da Coruña e nas montañas de Lugo e Ourense; e ventos no mar que alcanzarán o nivel de forza 7, con algún intervalo de 8, na costa coruñesa e pontevedresa.