InicioEconomíaA Deputación anuncia un investimento de máis de cinco millóns de euros...

A Deputación anuncia un investimento de máis de cinco millóns de euros para a Mariña

Repartirase entre os concellos da comarca con criterios "públicos e obxectivos", destacan dende o ente provincial.

Publicada o

- Advertisement -

Inxección de liquidez para os concellos da Mariña. A Deputación de Lugo vén de cifrar en máis 5M€ o investimento comprometido para a comarca a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022. As bases, explican, xa foron aprobadas no Pleno de decembro e neste mes de xaneiro abrirase o prazo para que cada entidade local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

“Os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, destacan dende o ente provincial.

Viveiro será o Concello que maior contía recibirá, con exactamente medio millón de euros. Ségueno Ribadeo, con 450.000€, e Foz, con 429.000€. Neste aspecto, a Deputación explica que segue criterios “públicos e obxectivos” para a distribución dos fondos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, engaden, fixa un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou que dende o inicio do mandato “incrementamos dotación económica do Plan Único”, e trata esta ferramenta como a “máis importante que ten a Deputación para a colaboración cos concellos” e, ademais, “cada ano melloramos as condicións para lles que sexa máis útil”. Neste sentido, como novidade, neste 2022 o Goberno decidiu simplificar a tramitación, de forma que os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...