InicioCentralAlerta laranxa na Mariña por ondas de até seis metros

Alerta laranxa na Mariña por ondas de até seis metros

A alerta terá lugar este venres.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro para a xornada deste venres no litoral das provincias da Coruña e Lugo. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste venres ao mediodía empezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros na costa da Coruña e na Mariña lucense.

No litoral de Pontevedra o aviso será de nivel amarelo por mar combinado do noroeste con ondas de catro a cinco metros. Por este motivo e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entreotros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...