A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este xoves unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa a partir da tarde deste xoves dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros, que poden alcanzar no suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra vento no mar do nordés con forza 7.
Así mesmo, a Xunta incide na importancia de manterse afastados da liña de costa, en concreto de diques, rompentes e paseos marítimos. E recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.