IniciosociedadeAlerta laranxa na Mariña por temporal costeiro

Alerta laranxa na Mariña por temporal costeiro

Agárdanse ondas de até sete metros.

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este xoves unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa a partir da tarde deste xoves dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros, que poden alcanzar no suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra vento no mar do nordés con forza 7.

Así mesmo, a Xunta incide na importancia de manterse afastados da liña de costa, en concreto de diques, rompentes e paseos marítimos. E recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...