InicioCentralBurelaO Hospital da Costa podería quedar sen calefacción pola folga de transportes

O Hospital da Costa podería quedar sen calefacción pola folga de transportes

O Sergas dispón de reservas até o martes, segundo apunta.

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergaspriorizará a realización de probas urxentes debido á falta de subministros derivada da folga de transportes que ten lugar desde o pasado luns. Nun comunicado remitido aos medios, a Consellería de Sanidade explica que, na área sanitaria da Coruña e Cee, poderían verse afectadas certas analíticas xinecolóxicas se non é posible garantir que a entrega en ellaboratorio de destino, en Barcelona, se vaia cumprir nos prazos idóneos. Con todo, Sanidade precisa que, polo momento, non hai desabastecemento de reactivos nin funxibles de laboratorio, aínda que sinala que desde o xoves non se está recibindo este tipo de material de maneira habitual.

No referido a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos a folga non está a afectar a actividade asistencial. O único incidente ata o momento e a falta de pellets e madeira para a calefacción e a auga quente dos hospitais de Calde e A Mariña. Ata o momento súplese esta falta con gasóleo, pero a consellería advirte de que pode non ser suficiente se non se recupera a normalidade na subministración a partir do martes.

No caso da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo momento tampouco se produciu unha repercusión na actividade asistencial, pero de continuar os problemas do transporte comezaría a preocupar a farmacia e os hospitais comarcais. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non foi necesario polo momento realizar anulacións nin reprogramaciones da actividade prevista, pero Sanidade advirte de que isto pode cambiar se a situación actual mantense a principios da semana próxima.

VIGO: PORTA ABERTA A SUSPENDER OPERACIÓNS

Na área de Vigo, a Xunta explica que se continúa realizando toda a actividade asistencial, aínda que se cambiou o protocolo de programación para que só leven a cabo as operacións que tengan garantido o 100% do material necesario para a súa realización. En canto á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e a área sanitaria de Ferrol, tampouco houbo que suspender ningún acto da actividade asistencial debido aos incidentes nas cadeas de transporte.

O Sergas sinala que segue traballando para adoptar medidas que minimicen ao máximo o impacto da folga na subministración de material aos centros sanitarios. Así, indicou que xa ten identificados os artigos almacenables con existencias por baixo do seu stock de seguridade e que busca alternativas no caso de ser necesario. Ademais, flexibilizou o horario de entregas e a recepción do material na Plataforma loxística de Negreira.

Por último, indicou que está en contacto cos provedores máis importantes que non están a realizar entregas estes días para acordar posibles solucións en que respecta ao transporte e facilitou acreditacións ás empresas con cargas completas e habituais para o Sergas, nas que se advirte dunha maneira específica que transportan material sanitario con destino aos hospitais públicos galegos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...