InicioCentralBurelaO prezo do gasoil fai perigar a descarga de bonito en Burela

O prezo do gasoil fai perigar a descarga de bonito en Burela

As confradías alertan de que seguen a pagar un "alto prezo" malia o desconto de 20 céntimos do Goberno.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior de Burela, Basilio Otero, alertou do “perigo” que corre a costeira do bonito, que ten como principal punto de descarga o porto burelense, polo alto prezo do carburante. Otero lembrou que a boniteira “adoita arrincar en xuño, pero este ano dado o prezo do combustible non sabemos como vai ser”. “No entanto confío que nun mes empece a chegar bonito ás lonxas”, abundou.

O patrón maior de Burela destacou que “o máximo gasto que se fai na costeira é o gasoil, porque nas costeiras o gasto é mínimo”. “Pero con este prezo do combustible, aínda que teñamos a bonificación de 20 céntimos aínda así pagamos un prezo elevado”, lamentou.

E é que o gasto en carburante supón “o 50 por cento” dos desembolsos das embarcacións que van ao bonito. “Non leva carnada, non leva cebo, o gasto marcha en combustible e pulpitos de plástico que se utilizan para a pesca, ademais de víveres e salarios para as tripulacións”, indicou. Basilio Otero calculou que este ano saian á costeira “máis de cen barcos”, e precisou que se chegou a esa cifra pero aínda espera que se poida incorporar algunha embarcación máis para a presente edición. “Aínda que isto tamén vai depender do prezo do combustible, a ver como vai”, reiterou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...