Sanidade, disposta a cubrir “canto antes” as vacantes de persoal de psicoloxía na Mariña

García Comesaña, na rolda de prensa. CONCHI PAZ/XUNTA DE GALICIA

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o Servizo Galego de Saúde procederá “canto antes” á cobertura das vacantes de facultativos de psicoloxía na comarca da Mariña.

Así o apuntou en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do Bloque Daniel Castro durante a celebración do pleno ordinario da Cámara autonómica que concluíu este mércores.

Comesaña incidiu en que o problema para as vacantes foi a coincidencia de baixas entre o persoal de psicoloxía da comarca, concentradas na categoría de facultativo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here