IniciosociedadeOllo, non se poden apañar centolas en toda a Mariña ata o...

Ollo, non se poden apañar centolas en toda a Mariña ata o 27 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

A veda da centola na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o río Eo, incluída a ría do Barqueiro, empeza este sábado, día 2 de xullo, e prolongarase ata o próximo 27 de novembro, día incluído.

Así o establece a resolución pola que se aproba o plan de xestión da centolla e do boi para a campaña 2022-2023, que neste caso establece vedas diferenciadas para as dúas especies.

Este ano está prohibido extraer centola na provincia de Lugo desde as 00,00 horas do sábado 2 de xullo ata as 00,00 horas do domingo 27 de novembro.

Nas provincias da Coruña e Pontevedra a veda da centola empezou xa o pasado 25 de xuño e prolongarase ata o próximo 6 de novembro, día incluído. Mentres, no caso do boi, a veda prolongarase en todo o litoral de Galicia desde as 00,00 horas do sábado 3 de setembro ata as 00,00 horas do domingo 6 de novembro.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...