InicioCentralO PP saca a artillería pesada para recuperar os concellos de Foz...

O PP saca a artillería pesada para recuperar os concellos de Foz e Burela

A ofensiva enmárcase no horizonte das municipais, que servirán de primeira proba de lume para Alfonso Rueda.

Publicada o

- Advertisement -

O PP saca a artillería pesada contra os gobernos da Mariña que non controla con vistas ás próximas municipais. Nas últimas horas, os grupos locais de Foz e Burela veñen de emitir duras críticas contra os rexedores e equipos de goberno dos respectivos concellos, aos que acusan de “improvisación” e mala xestión por non atender ás recomendacións do grupo popular efectuadas nos últimos meses.

Así, Manuel Rouco, voceiro do PP de Burela, denunciou o aspecto “mellorable” da localidade ao longo deste verán, que vencellou á “deficiente” xestión do consistorio. “O goberno local dedícase a sacarse foto a carón de obras froito da esquilma das arcas municipais e, sen embargo, a limpeza das zonas públicas segue pendente”.

E engade: “un exemplo do que os nosos veciños nos trasladan é o estado lamentable no que se atopa a zona verde situada fronte á praia urbana do Portelo, en plena avenida de A Mariña, que está totalmente infestado de malas herbas e sen adecentar ao longo de todo o verán”.

Nun plano semellante decorreron os dardos de Javier Castiñeira, voceiro do PP de Foz. Neste caso, o portavoz acusou ao alcalde socialista Cajoto de “non superar o período de prácticas” á fronte do consistorio, como daría conta a “enorme falta de servicios” que denuncian nosm meses deste verán”.

Todo porque, a ollos de Castiñeira, “o goberno local non quixo facer o que lle dixo o PP no seu momento, que era deseñar e executar un plan de emprego, para levar adiante todos as obrigas municipais para tanta xente como houbo en Foz”. Nunha liña paralela, o voceiro engade o seguinte: “a presencia de moita xente xogou en contra deste equipo de goberno, porque non foi capaz de dar os servizos adecuados. Non hai máis que ver a falta de limpeza que houbo no pobo, cos contedores desbordados e sen persoal para limpar; houbo falta de persoal en moitos servizos como en socorrismo, nas obras e na recollida de lixo ou a xardineiría”.

A ofensiva das formacións locais do PP contra os concellos correspondentes enmárcarse nun momento de dúbida para a formación popular galega: coas municipais xa no horizonte, estes comicios servirán de primeira proba de lume para Alfonso Rueda, que verá entón se o seu á fronte da Xunta é cousa dun breve episodio en spin-off ou se, pola contra, firma tempada tras tempada como o predecesor Feijóo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...