InicioCentralAlfozAlfoz dá a benvida ao 'mes da música' con tres concertos de...

Alfoz dá a benvida ao ‘mes da música’ con tres concertos de balde

Terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20:30h dos sucesivos días.

Publicada o

- Advertisement -

Máis movemento cultural na Mariña. A Área de Cultura do Concello de Alfoz vén de anunciar a celebración do Mes da Música, que terá lugar durante todo o mes de setembro. Esta celebración vai implicar un número de actuacións, que terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20:30h dos sucesivos días.

A primeira delas será o sábado 3 co grupo Mar Aberto, de Foz. O sábado 17, poderase disfrutar con Sons de Celeiro e o venres 23 as estrelas serán Toxo Guayaba. A entrada é libre e de balde, para poder disfrutar do bo facer e da calidade musical destas tres formacións da Mariña e ofrecer un repertorio variado para todos os públicos.

LITERATURA

Pola súa banda sábado 10 de setembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, presentación de “Las jarras del trotamundos”. Javier Mariño Chao, Ourol 1971, está a tentar conseguir o soño de viaxar por todos os países do mundo. Profesor de ensino secundario, é licenciado en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente desempeña o seu labor no IES María Sarmiento da localidade de Viveiro.

“O lector vai atopar un libro de viaxes, soños e intriga con dose de amores e desamores. Mergullarase nunha novela dirixida  “todas as persoas que loitan por conseguir os seus soños, sen importar a súa idade, aínda que estes sexan quiméricos, utópicos ou improbables”, confesa o autor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...