A comarca da Mariña sumou máis de mil asinas á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Atención Primaria, co obxectivo de “mellorar este nivel asistencial con medidas urxentes e extraordinarias”.
A iniciativa en cuestión é a posta en marcha pola plataforma SOS Sanidade Pública. A portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Montse Porteiro, celebrou que xa se pasaron “o mil asinas e aínda quedan por recoller”. “Esta ILP de medidas urxentes para fortalecer e recuperar a Atención Primaria ten moi bo seguimento na Mariña”, manifestou.
Porteiro lembrou que se piden “cousas tan importantes como dotar de persoal para que os cocientes sexan os adecuados, que nunca a axenda da Atención Primaria teña máis de 30 pacientes e que se dote de persoal que non existe, ou está minimamente representado, como ocorre cos psicólogos clínicos, logopedas ou podólogos”.
Había un prazo de catro meses para rexistrar as firmas, período que concluiría en novembro aínda que se pediu unha “prórroga” co fin de poder “recoller entre 75.000 e 100.000 firmas” para que salga adiante esta Iniciativa Lexislativa Popular.